Ver Mensaje Individual
  #1  
Antiguo 23-10-2007
Avatar de marcoszorrilla
marcoszorrilla marcoszorrilla is offline
Capo
 
Registrado: may 2003
Ubicación: Cantabria - España
Posts: 11.221
Reputación: 10
marcoszorrilla Va por buen camino
Mil anos de idioma galego

Cita:

A lingua de Rosalía comezou a existir no entorno dos campamentos romanos, independizouse do latín entre os séculos IX e X e comezou a escribirse no XIII
Autor:Jorge Casanova | RedacciónFecha de publicación: 21/10/2007 ¿Está o idioma galego en disposición de celebrar os seus primeiros mil anos de existencia? «Seguro», responde Basilio Losada, o primeiro catedrático de Filoloxía galega e portuguesa que houbo na Universidade de Barcelona. O galego, ou o xerme do que evolucionaría ata o que hoxe coñecemos como lingua oficial de Galicia, comezou a balbucirse no entorno dos campamentos romanos instalados no territorio máis noroccidental da Península e iniciou a súa expansión coa decadencia de Roma.
A partir do século V, os bárbaros desintegran o imperio e comezan anos escuros de fame, peste e morte. As cidades abandónanse e o latín (e todo o que ten que ver coa alta cultura) queda acantonado nos mosteiros. O pobo vai esquecendo o idioma dos romanos e mestúrao coas novas influencias e co substrato prelatino. «Entre o século X e o XI, pode dicirse que a xente xa non entendía o latín», continúa Losada «e, no XII, esa nova lingua empeza a escribirse». Ata onde se sabe, é a cantiga satírica Ora faz ost'o senhor de Navarra o documento literario máis antigo escrito nunha lingua que xa non era o latín, senón o que se deu en chamar galego. Escribiuno o trobador Joam Soares Paiva contra o ano 1200.
Os testemuños
Os primeiros documentos non literarios que se conservan son a Noticia de Torto, un texto notarial datado entre 1212 e 1216, e o testamento de Alfonso II de Portugal, de 1214, cunha regularidade ortográfica que fai pensar aos expertos que é imposible que non haxa testemuños anteriores. Os dous textos foron achados en Portugal. Na procura de datas de referencia, hai dous anos que o Consello de Cultura Galega presentou o documento máis antigo escrito en galego, e escrito en Galicia: O Foro do bo burgo do Castro Caldelas, un privilexio real -o único que se coñece escrito en galego- redactado por un notario de Allariz en 1228, cando o galego amencía cara ao seu esplendor e era, xa, a lingua dos reis.
Se ata alí ninguén investigador o remedia, haberá que esperar aínda preto de douscentos anos para celebrar o primeiro milenio do galego. Aínda que todo é cuestión de interpretar as cousas: «Cando unha lingua empeza a escribirse, ten detrás ao menos dous séculos de implantación oral», aclara Basilio Losada. Outros expertos, como o profesor Henrique Monteagudo, comparten a teoría. Logo, o galego ten mil anos.
Felicidades o pobo galego.

Un Saludo.
__________________
Guía de Estilo de los Foros
Cita:
- Ça c'est la caisse. Le mouton que tu veux est dedans.
Responder Con Cita